RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Os triunfos do Orzán SD Sub-21 e o Orzán SD Xuvenil pecharon hoxe domingo a xornada da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina

A xornada en ANOSACANTEIRA feminina concluíu hoxe domingo 27 na Torre cos triunfos do Orzán SD Sub-21 (na foto superior), líder da Primera Autonómica, ante o Victoria FC B (4-0); e o do Orzán SD Xuvenil (foto inferior) ante o Orillamar SD (3-2).

Onte sábado, #ONOSODERBI entre o Dépor ABANCA B e o RC Celta (1-1) no campo principal de Abegondo foi o partido estrela da fin de semana.

As branquiazuis encararon o choque con até 6 baixas entre lesións e convocatorias de seleccións. Así, non estiveron as internacionais Elena Vázquez, Michi Apóstol e Dunia Dahmouni.

Así mesmo, foron baixa por lesión Uxía López, Marta Rico e Lucía Rivas.

Ademais deste encontro que acaparou a atención do fútbol feminino galego, xogáronse outros 3 partidos en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Cadete venceu ao Sporting Burgo (0-11); e xogaron como locais o Orzán SD Infantil A na Torre ante o Santa Cruz CF (10-0) e o Orzán SD Infantil B fronte ao Silva SD (1-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Anfal El Yamani) - RC CELTA 1

Primera Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 4 (Daniela Macedo -3- e Claudia Sande) - VICTORIA FC B 0

Segunda Autonómica
7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 3 (Carmen Couto, Ángela Cotelo e Alexia Freire) - ORILLAMAR SD 2

Liga Galega cadete
5ª xornada: SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD CADETE 11 (Martina Santamarina -3-, Ángela Cotelo -2-, Carla Álvarez -3-, Carmen Couto, Antía Losada e Lola Freire)

Liga Galega infantil
5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Telma García, Carolina Lago, Alba García -3-, Amaia Sanjurjo, Helen Vega, Valentina Fernández e Rosalía Valencia -2-) - SANTA CRUZ CF 0
5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Nerea Cruz) - SILVA SD 0