O Benxamín A plasma en goles o seu bo xogo ante o ED Luis Calvo Sanz
O Benxamín A plasmou en goles (1-9) o seu bo xogo na visita ao ED Luis Calvo Sanz, en partido correspondente á 4ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.
Mateo Songo'o -5-, Adrián Liñares, Álex Casado, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo foron os goleadores branquiazuis.
Con este resultado, o equipo de Jacobo Saco lidera o grupo con 12 puntos.
Benxamín A: Antar Teijeiro, Breogán Díaz, Mateo Cardelle, Álex Casado, Antón Fernández, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o. Tamén xogaron: Diego Castelo, Samuel Rodríguez, Yago Prieto, Adrián Liñares e Andrés Valencia.
Este mércores 17 ás 18:45 o Benxamín A mídese en Abegondo ao Atlético Coruña Montañeros CF en partido adiantado ao fin de semana.
Os resultados do Benxamín A até a data nesta segunda parte da temporada son os seguintes:
UD Carral 0 - Benxamín A 7 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo) Benxamín A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - Fabril FC Benxamín 1 Benxamín A 5 (Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado) - Victoria CF 2 ED Luis Calvo Sanz 1 - Benxamín 9 (Mateo Songo'o -5-, Adrián Liñares, Álex Casado, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo)