RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
BENXAMÍN A

O Benxamín A vence en Carral no primeiro partido da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8

O Benxamín A (na foto de arquivo) venceu ao UD Carral (0-7) no primeiro partido da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

O formato de competición é de liga todos contra todos a dobre volta. Ao concluír, os 3 primeiros accederán á Fase Intermedia do Campionato Galego.

Os rivais do conxunto branquiazul son ademais o Atlético Coruña Montañeros CF, Victoria CF, Fabril FC Benxamín e ED Luis Calvo Sanz.

Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo foron os goleadores branquiazuis en Carral.

Benxamín A: Samuel Rodríguez, Mateo Songo'o, Yago Prieto, Mateo Cardelle, Antón Fernández, Diego Castelo, Alberto Novo e Álex Casado. Tamén xogaron: Leo Lorenzo, Adrián Liñares, Breogán Díaz e Antar Teijeiro.

O próximo rival do conxunto que prepara Jacobo Saco é o Fabril FC Benxamín, o xoves 21 de marzo ás 19:00 en Abegondo, en choque adiantado ao fin de semana.