RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

O Cadete dobrega na Coruña ao Victoria CF con triplete do pichichi Miguel de Labra

O Cadete venceu (1-4) no campo coruñés da Grela 1 ao Victoria CF en partido correspondente á 12ª xornada na División de Honra.

O protagonista foi Miguel de Labra (na foto na fila de arriba o primeiro empezando pola esquerda), autor de 3 dos 4 tantos do seu equipo. O dianteiro branquiazul suma 16 tantos á fronte da clasificación do pichichi da categoría. Diego redondeou o marcador para os deportivistas.

Con este resultado, o conxunto de Daniel González suma 36 puntos de 36 posibles á fronte da táboa.

Cadete: Gabri, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Xoel, Abel, Leandro, Carballeira, Miguel de Labra, Yago e Janusz. Tamén xogaron: Trillo, Balbas, Diego e Íker Fernández. 

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao ED Xuventude de Oroso.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1
CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-)
Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2
Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego)
Cadete 6 (Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos) - CD Areosa 0
Victoria CF 1 - Cadete 4 (Miguel de Labra -3- e Diego)