O Cadete gaña ao CD Areosa na súa decimoprimera vitoria consecutiva na División de Honra
O Cadete dobregou (6-0) ao CD Areosa en Abegondo e sumou así a súa decimoprimera vitoria consecutiva na División de Honra.
Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos foron os autores dos goles neste encontro correspondente á 11ª xornada.
Con este resultado, o equipo de Daniel González alcanza os 33 puntos á fronte da táboa por 31 puntos do seu inmediato perseguidor, o RC Celta.
Cadete: Rodrigo, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Frank, Abel, Leandro, Mosquera, Miguel de Labra, Trillo e Janusz. Tamén xogaron: Yago, Balbas, Xoel e Diego.
A próxima fin de semana, o Cadete visita na Coruña ao Victoria CF.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego) Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1 Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago) Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1 UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro) Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1 CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-) Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0 Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2 Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego) Cadete 6 (Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos) - CD Areosa 0