O Cadete, que marcou no minuto 1, venceu ao Coruxo FC nun partido que só puido sentenciar no 80
O Cadete, que se puxo por diante no marcador no minuto 1 de xogo grazas a un gol de Rubén, amarrou os 3 puntos ante o Coruxo FC (2-0) nun partido que só puido sentenciar no minuto 80 co segundo tanto, obra de Brian.
Co resultado deste partido correspondente á 9ª xornada na División de Honra, o equipo que prepara Daniel González lidera con claridade a táboa con 27 puntos.
Cadete: Anxo, Pablo García, Sergio, Samuel, Pablo Pereda, Iván, Xián, Telmo, Rubén, José Rey e Lucas. Tamén xogaron: Aarón, André, Daniel, Brian e Álvaro.
A próxima fin de semana, o Cadete visita ao Victoria CF.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
Cadete 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0 AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico, André e Iker Gil) Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1 Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén) Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1 CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo) Cadete 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - Viveiro CF 1 CD Areosa 0 - Cadete 4 (Xian -2-, Lucas e André) Cadete 2 (Rubén e Brian) - Coruxo FC 0