RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Celta, campión do #DesafíoABANCA no que Mollejo e Mujaid sumaron para acabar segundos

Hoxe finalizou o torneo solidario de FIFA 20 organizado por ABANCA para recadar fondos que contribúan a paliar os efectos do coronavirus. O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) abriu para iso en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que serán entregadas ao SERGAS ao finalizar o torneo. As doazóns deben facerse a través de transferencias a esta conta.

No partido inaugural da terceira e última xornada, Marcos Pereiro caeu por 0-2  ante Duarte Galbán (con goles de Rafinha no minuto 27 e Iago Aspas de penalti no minuto 90), o que outorgou ao Real Club Celta o título. Posteriormente Mujaid e Yanis Rahmani xogáronse o segundo posto nun entretenidísimo partido tamén en ABANCA-RIAZOR, onde Hugo Mallo levantara antes o trofeo virtual.  Mujaid adiantouse con gol de Merino no minuto 8. Yanis remontou con tantos do seu propio xogador no desconto do primeiro tempo e de Gerard Valentín no 60, pero a partir de aí Mujaid remontou ao facer cambios no equipo. O recentemente entrado Çolak marcou no 72, e Beavue en dúas ocasións (78 e 90) puxeron o 4-2 definitivo no marcador, dando ao Dépor o segundo posto.

O torneo reuniu durante o tres tardes da fin de semana ao tres principais equipos do fútbol galego que colaboraron desta forma ao fin benéfico do torneo. Os representantes de cada equipo foron Víctor Mollejo, Mujaid Sadick, Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez no RC Deportivo; Denis Suárez, Brais Méndez, Fran Cañotas e Duarte Galbán no RC Celta; Yanis Rahmani, Jaime Seoane, Victor Grande e Brais Doval no CD Lugo.

Os partidos contaron con Donato, Manel e Manu Rodríguez como ilustres comentaristas e foron narrados pola xornalista Rocío Candal, retransmitidos a través da web www.desafio.abanca.com, a TVG2 e Facebook Live.