RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Dépor ABANCA B conclúe a súa preparación para a liga con vitoria ante o Real Oviedo Feminino B

O Deportivo ABANCA B concluíu a súa preparación cunha vitoria (3-0) en Abegondo ante o Real Oviedo Feminino B.

Noelia Mayo, Laura Otero e Antía Brage foron as goleadoras dun equipo que xa apunta á liga en Terceira Federación FutFem (antiga Primera Nacional), o sábado 9 de setembro ás 16:30 na Cidade Deportiva ante o Victoria FC de Santiago.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Celia Sousa, Noelia Mayo, María Calvo, Antía Brage, Iria Otero, Carmen Carballada, Macarena González, Laura Testa, Laura Otero e Elena López 'Cusi'. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Uxía López, Laura Santos, Sara Cercido, Ivana Fernández e Noe Gómez.

Nesta pretemporada, o filial deportivista disputou un total de 6 partidos, saldados con 4 vitorias, 1 empate e 1 derrota no primeiro partido na súa visita ao Real Avilés CF.

O balance goleador é favorable ás branquiazuis, con 12 goles a favor e 8 en contra.

Laura Otero foi a máxima goleadora con 4 tantos, seguida por Noe Gómez e Noelia Mayo con 2. Celia Sousa, Elena López 'Cusi', Iria Otero e Antía Brage completaron a lista de anotadoras en pretemporada.

Os resultados do Dépor ABANCA B en pretemporada foron os seguintes:

Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Umia CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Celia Sousa e Laura Otero)
Memorial Moncho Rivera: Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Noelia Mayo, Elena López 'Cusi' e Laura Otero)
Memorial Faraldo: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Noe Gómez -2- e Iria Otero) - GIJÓN FF 2
Deportivo ABANCA B 3 (Noelia Mayo, Laura Otero e Antía Brage)- Real Oviedo B 0