RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Dépor ABANCA B iguala no difícil campo do UD Mos no seu segundo amigable do verán

O Deportivo ABANCA B igualou (1-1) no campo das Baloutas no seu segundo amigable do verán ante o UD Mos, un rival sempre moi competitivo no seu terreo de xogo.

Laura Otero foi a autora do único gol para o equipo que prepara Óscar Orro.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Elena López, Emma Gandoy, María Calvo, Antía Brage, Iria Otero, Laura Testa, Sara Cercido, Celia Sousa, Macarena González e Laura Otero. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Noe Gómez, Mica Baratelli, Noelia Mayo, Daniela Basalo, Laura Santos, Lucía Mariño e Uxía López.

O vindeiro sábado 19 de agosto ás 19:00 horas, o filial feminino visitará ao Umia CF no campo de Barrantes, en Ribadumia, nun novo amigable de pretemporada.

Os resultados en pretemporada do Dépor ABANCA B son os seguintes:

Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Umia CF - Deportivo ABANCA B, o sábado 19 de agosto ás 19:00 no campo de Barrantes (Ribadumia)