O Dépor ABANCA B logra ante o Victoria CF unha remontada que parecía imposible, de 3-0 a 3-4
O Dépor ABANCA B logrou na Coruña ante o Victoria CF unha remontada (3-4) que se antollaba imposible neste encontro correspondente á 9ª xornada en Tercera Federación FutFem.
As locais saíron moi enchufadas ao partido e en 12 minutos xa gañaban por 3-0. Pero as branquiazuis aos poucos foron equilibrando o xogo e, no medio dun temporal de vento e choiva, lograron darlle a volta cos goles de Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi', esta no minuto 80.
Con este resultado, o equipo de Óscar Orro suma 24 puntos na 3ª posición da táboa, a 1 punto dos líderes, Real Avilés CF e Lóstrego CF, ambos con 25.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Paula Monteagudo, Uxía López, María Calvo, Noelia Mayo, Carmen Carballada, Laura Otero, Elena López 'Cusi', Laura Testa, Lucía Rivas e Noela Sánchez. Tamén xogaron: Emma Gandoy, Celia Sousa e Macarena González.
A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao CD Bovedana.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1 Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López) Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0 Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0 Xixón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero) Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0 Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo) Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2 Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')