RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B suma en Ribadumia o seu segundo triunfo consecutivo en liga

O Deportivo ABANCA B sumou no campo da Bouza en Ribadumia o seu segundo triunfo na Terceira Federación FutFem (antiga Primera Nacional), ao derrotar ao Umia CF (0-1).

Uxía López, aos 29 minutos de partido, foi a autora do tanto deportivista, co que o conxunto de Óscar Orro suma 6 puntos de 6 posibles.

Foi titular Carmen Carballada, que o pasado mércores debutou en partido oficial co primeiro equipo, con motivo da primeira eliminatoria da Copa de la Reina en Palma.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Celia Sousa, Uxía López, María Calvo, Antía Brage, Sara Cercido, Carmen Carballada, Laura Santos, Laura Testa, Lucía Rivas e Laura Otero. Tamén xogaron: Macarena González, Noelia Mayo, Elena López 'Cusi', Noela Sánchez e Emma Gandoy.

A próxima fin de semana, o filial deportivista recibe en Abegondo ao CD Lugo.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)