Hoxe domingo 4 de agosto tivo lugar o primeiro exame serio do verán para o Dépor ABANCA, no campo da Eragudina de Astorga ante un rival da Primeira Iberdrola, o Madrid CFF.
O triunfo foi madrileño (0-2), nun test positivo para que Manu Sánchez, ante un rival máis acertado, poida corrixir erros de cara á competición oficial.
Dépor ABANCA: Esther Sullastres, María Méndez, Iris, Michelle Romero, Alba Merino, Noelia Villegas, Nuria Rábano, Yamamoto, Gaby, Cris e Patri Díaz. Tamén xogaron: Teresa Abelleira, Misa, Silvia Mérida, Peke, Kika, Erika, Alba Suárez, Patri López e Miralles.
Mañá luns 5 de agosto toca Copa Deputación, co partido de oitavos de final (21:00) horas na Porta Santa ante o UD Paiosaco Hierros Añón.
Manu Sánchez citou ás seguintes xogadoras: Misa, Esther Sullastres, Patri López, Cris, Sara Álvarez, Nuria Torres, María Méndez, Alba Suárez, Iris, Sofía, Kika, Nuria Rábano, María Calvo, Peke, Patri Díaz e Erika.
As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:
Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo da Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), 21:00 h, UD Paiosaco Hierros Añón - Deportivo ABANCA
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, 18:30 h, Deportivo ABANCA - UD Granadilla
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón): Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)