RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA complícase moito unha salvación que certificou o Sporting Huelva (3-0)

Após o extenuante partido do mércores no CD Wanda ante o Atlético de Madrid e apurar a recuperación o máximo posible en tres días, Manu Sánchez apostou pola continuidade no partido contra o Sporting Huelva, só co regreso de Stephannie Blanco ao centro da zaga en lugar de Bedoya.

Nos primeiros minutos moita prudencia por parte de ambos os equipos, con dominio de balón das locais e demasiadas imprecisións visitantes. No primeiro cuarto de hora apenas un par de córneres para cada equipo sen consecuencias. A partir de aí sí que as chegadas empezaron a ter perigo. O primeiro intento claro de remate do Dépor ABANCA despexouno Pau, mentres que Sullastres facía a súa primeira intervención crave en parando un man a man a Kanteh.

As máis claras das Nosas na parte incial foron practicamente consecutivas. A primeira para Alba que non puido conectar en boca de gol un centro desde liña de fondo. Tampouco puido rematar Athenea un balón colgado por Cris e tocado por Peke de cabeza. Após ambas as ocasións de novo as chegadas foron locais obrigando a intervir a Esther Sullastres a disparo de Fisher ou vendo como Cinta Rodríguez case atopa portería nunha falta.

O que si se foi para dentro, directo desde o banderín de córner, foi o saque de Fatou Kanteh que anotou un gol olímpico e adiantou ás locais camiño do descanso nun partido marcado tamén pola influencia sobre o campo do forte vento.

A segunda parte seguiu polos mesmos camiños e cun Dépor ABANCA máis canso pola acumulación de minutos nas pernas. Nada máis arrincar Sullastres salvou unha falta de Patri Ojeda. A balón parado tamén o tentou Stephannie no 52 e no 61, en ambos os casos obrigando a intervir a Chelsea. Entre ambas, as Deportivistas dispuxeron da mellor ocasión do partido, cun paradón da gardameta local a disparo de Gaby.

De novo o balón parado condenou ao Dépor cun segundo gol de falta directa desde 45 metros de Cinta Rodríguezque se coou na portería Deportivista, acabando coas esperanzas de remontada con vinte minutos aínda por diante. As locais seguírono tentando e nunha xogada que arrincou en posición discutible, Mayra Ramírez conseguiu gañar liña de fondo para deixar o balón atrás para o tanto de Dany Helena. Entre Sullastres e o traveseiro evitaron un novo tanto local por mediación de Yoko Tanaka mentres que un disparo cruzado desviado de Alba Merino puxo o epílogo a un partido que permitía soñar coa salvación e agora déixaa como un soño afastado no que se depende doutros partidos.

Cinco puntos de desvantaxe con nove en xogo, seis en casa e tres fóra fronte ao Betis, é o reto para un equipo que sempre demostrou que renderse non é unha opción que entre nos seus plans.

Sporting Huelva: Chelsea, Vanesa Santana, Cinta Rodríguez, Fatou Kanteh, Mayra Ramírez, Kristina Fisher, Dany Helena, Pau (Ana Carol, min. 65), Patri Ojeda, Castelló (Calire Falknor, min. 83) e Yoko Tanaka.

Dépor ABANCA: Sullastres, Cris, Blanco, Iris, Villegas (Helena Torres, min. 73), Patri, Alba, Ainoa (Eva Dios, min. 80), Gaby, Athenea e Peke.

Goles: 1-0 Fatou Kanteh (min. 41); 2-0 Cinta Rodríguez (min. 69); 3-0 Dany Helena (min. 73)

Árbitra: Gallastegui Pérez (c. Vasco). Amoestou a Stephannie Blanco (min. 67).

Incidencias: partido correspondente á 31ª xornada de Primera Iberdrola disputado no Campo da Orde de Huelva.