RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA pon rumbo a Portugal antes de estrearse este mércores ante o SC Braga en Melgaço

Despois de dous adestramentos en Abegondo este luns e martes pasados, o Dépor ABANCA pon rumbo na súa segunda semana de pretemporada a Portugal para unha concentración que terá lugar até o venres 2 de agosto no Complexo Deportivo de Melgaço.

Irene Ferreras leva este martes a 27 futbolistas, entre elas as canteirás Paula Novo, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Redru e Martina.

A novidade é a presenza de Marina Artero, que hoxe mesmo se incorpora á disciplina das Nosas despois de proclamarse campioa do Europa sub-19 o pasado sábado en Lituania.

Este mércores 31 de xullo o Dépor ABANCA disputará o seu primeiro amigable do verán. Será ás 12:00 (hora local, 13:00 hora galega) ante o SC Braga, un clásico do fútbol feminino luso e con varias internacionais nas súas filas como Patrícia Morais, Ana Rute e Dolores Silva.

O choque terá lugar nas Instalacións Deportivas Monte Prado-Melgaço, a porta pechada.

Será un bo exame para As Nosas dado que o SC Braga chega ao partido con máis rodaxe ao comezar os adestramentos de pretemporada o pasado 1 de xullo.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK