RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA ponse en marcha entre o luns 25 e martes 26 de xullo

O Deportivo ABANCA ponse en marcha en dous días. O luns 25, o cadro está citado ás 9:00 na Cidade Deportiva para recibir a benvida da adestradora Irene Ferreras e ser sometido a unha primeira avaliación física.

Ao día seguinte, martes 26, as xogadoras deportivistas pasaranse desde as 8:00 polo centro Quirón Saúde de ABANCA-RIAZOR para as pertinentes probas médicas, analítica incluída, a cargo dos Servizos Médicos do Real Club Deportivo.

Pola tarde, ás 17:30, terá lugar o primeiro adestramento na Cidade Deportiva.

O conxunto branquiazul conta até a data con estas xogadoras: Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López, Aroa Guerra, Cris Martínez, Eva Dios, Carlota Suárez, Millene Cabral e Marta Charle.

A liga arranca o sábado 10 ou o domingo 11 de setembro

O Deportivo ABANCA iniciará a liga en Primera Federación (antiga Reto Iberdrola) o vindeiro sábado 10 ou o domingo 11 de setembro. A competición concluirá o 14 de maio de 2023. As datas dos playoff de ascenso serán o 21 e 28 de maio.

O 19 de setembro disputarase a primeira eliminatoria da Copa de SM A Raíña, cuxa final a catro será do 23 ao 28 de maio de 2023.

Os 15 rivais do Dépor ABANCA na nova segunda categoría nacional, de grupo único, serán: SD Eibar, Rayo Vallecano de Madrid, RCD Espanyol de Barcelona, CDF Osasuna Femenino, DUX Logroño, FC Barcelona B, Cacereño Femenino, Granada CF, CD Juan Grande (San Bartolomé de Tirajana, Las Palmas), UD Granadilla Tenerife B, SE AEM (Lleida), Real Oviedo Femenino, CD Alba FF, Athletic Club B e Córdoba CF.