RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arranca a semana de adestramentos con Peru Nolaskoain co grupo

O Deportivo iniciou esta mañá a preparación do partido ante o CD Mirandés deste domingo 29 de setembro (21:00 horas, Movistar LaLiga 1) con Peru Nolaskoain co grupo, aínda sen alta médica.

O cadro, hoxe tamén cos fabrilistas Boian, Mujaid, Gandoy e Valín, arrancou a mañá cun traballo preventivo e continuou con rondos, unha tarefa de posesión e un partido para concluír no céspede, neste caso só para os que non xogaron de inicio o pasado sábado en Cádiz.

A mañá concluíu na sala de vídeo, cunha charla en dous grupos.

Adestráronse á marxe: Borja Valle, Somma, Longo e David Simón, con molestias nun adductor, pendente de evolución nos próximos días.

Mañá mércores haberá dobre quenda de traballo: 10:00 e 17:00 horas, en ambos os casos na Cidade Deportiva.