O Dépor arranca con só Borja Galán e Derik á marxe do grupo
O Deportivo comezou esta mañá a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do CD Numancia a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 18 de abril ás 19:00 horas (TVG), en partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1D de Segunda División B.
Rubén de la Barrera puido contar con todo o seu cadro salvo Borja Galán e Derik Osede. A maiores, os canteiráns Adri Castro e Juan Rodríguez exercitáronse hoxe co primeiro equipo.
A semana arrancou cun quecemento, un exercicio de progresións ofensivas con finalizacións, unha tarefa táctica de defensa-ataque e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.
Mañá xoves, o Deportivo adestrarase en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:30, a porta pechada.