O Dépor arrancou esta tarde o traballo previo ao partido en Majadahonda
Despois da xornada de descanso de onte martes, o Deportivo comezou esta tarde a preparación da visita ao CF Rayo Majadahonda do próximo domingo 9 ás 18:00 (InSports.tv) en El Cerro del Espino, en partido correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.
"O vestiario está ben, está unido", subliñou Víctor Narro ante os medios de comunicación tralo adestramento.
Despois dun quecemento con rondos, Borja Jiménez dispuxo un circuíto de forza por grupos, un partido táctico e fútbol reducido para concluír unha sesión que transcorreu baixo un persistente orballo.
Estiveron esta tarde con adestramento individualizado Trilli; Isi Gómez; Raúl Carnero e Álex Bergantiños, estes dous últimos cunha molestia nos isquiotibiais pendente de evolución nos próximos días.
Dani Barcia, Jairo e Brais Val foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Mañá xoves, o Dépor volve ao horario matinal, a partir das 10:30 horas na Cidade Deportiva.