RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, "con moitas ganas de que chegue o próximo partido", comeza mañá martes a preparar a visita da SD Tarazona a ABANCA-RIAZOR

O Dépor comeza mañá martes 13 de febreiro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita da SD Tarazona a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 18 de febreiro ás 19:00 horas (TVG-2 e FEF TV).

Os resultados da última xornada, co triunfo nas Gaunas, deixaron a Os Nosos en 3ª posición da táboa con 41 puntos, só superados pola SD Ponferradina (2º con 44 punto) e polo Nástic de Tarragona (líder con 45).

"Estamos nesa dinámica positiva pero hai que ser moi prudentes, humildes e porse a traballar máis duro se cabe", afirmou Imanol Idiakez en Logroño despois dun triunfo incontestable, un 0-5 en liga por primeira vez despois daquel do 3 de xaneiro de 2004 en ABANCA-Balaídos.

Iván Barbero, na zona mixta de Logroño, asegurou que "temos moitas ganas de que chegue o próximo partido. Estamos moi motivados".

Do mesmo xeito que o seu técnico, o dianteiro deportivista chama á prudencia: "Non podemos pecar de relaxarnos. Dá igual que veña o Tarazona como o primeiro. Temos que mirarnos nós mesmos, sen mirar aos demais; e competir até o último partido".

Con 33 goles a favor, segundo equipo máis goleador da categoría só por detrás do Celta Fortuna, Jose Ángel achacouno após o partido ante a SD Logroñés a que "agora están a entrar e antes non. O importante era xerar ocasións, nós xerabámolas. O que pasa é que antes non entraban. Agora están a entrar. Sabemos a calidade que teñen os nosos xogadores de arriba, sabiamos que ía chegar o día que ían entrar, agora están a entrar e a disfrutrar diso".

Esta semana, Imanol Idiakez dispuxo de 5 sesións de traballo na Cidade Deportiva, todas matinais fóra da de mañá, que arrincará ás 17:00 horas.

Cada mañá a partir do mércores o cadro está citado xa na instalación ás 8:30 xa para almorzar.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 13 de febreiro
17:00 h.

Mércores 14 de febreiro
11:00 h.

Xoves 15 de febreiro
11:00 h.

Venres 16 de febreiro
11:00 h.

Sábado 17 de febreiro
11:00 h.

Domingo 18 de febreiro
19:00: Deportivo - SD Tarazona, en ABANCA-RIAZOR