RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, con seis adestramentos por diante desde mañá luns previos á visita do Málaga CF porque "cada semana hai unha guerra"

O Dépor disporá de 6 adestramentos previos á visita do Málaga CF a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 6 de outubro ás 14:00 horas (LaLiga TV Hypermotion).

Após o triunfo do pasado venres en Albacete, Dani Barcia subliñou na zona mixta do Estadio Carlos Belmonte a "moita confianza no míster, nos xogadores. Temos que seguir así para tentar cada fin de semana levarnos os partidos".

O central coruñés asegura que "como canteiráns que somos (en referencia tamén a Mella e Yeremay) temos que facer o que mellor se nos dá e axudar ao equipo cada finde".

Yeremay, tamén ante os medios de comunicación desprazados á cidade manchega, advertiu que a próxima fin de semana "temos outro partido e isto é así. Cada semana, unha guerra".

Cada día con actividade na Cidade Deportiva o cadro reunirase para almorzar a partir das 8:30.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 30 de setembro
11:00 h.

Martes 1 de outubro
11:00 h.

Mércores 2 de outubro
11:00 h.

Xoves 3 de outubro
11:00 h.

Venres 4 de outubro
11:00 h.

Sábado 5 de outubro
11:00 h.

Domingo 6 de outubro
14:00: Deportivo - Málaga CF, en ABANCA-RIAZOR