RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Dépor estará representado polo Fabril FC Alevín nun torneo en Macedonia del Norte

O RC Deportivo estará representado polo Fabril FC Alevín nun torneo que se disputará esta fin de semana en Macedonia del Norte.

O trofeo conmemora o 20 Aniversario do FC Kumanovo, club da cidade que leva o seu nome, segunda do país balcánico após a capital, Skopie.

A expedición fabrilista partiu esta pasada madrugada da Coruña rumbo a Macedonia.

Os seus rivais na Primeira Fase serán o FC Kumanovo Eurosport (Macedonia del Norte), NK Brinje Grosuplje (Eslovenia) e KHS Malta (Malta).

O calendario de competición no Estadio Recica é o seguinte:

Venres 1 de marzo
13:00: NK BRINJE GROSUPLJE - FABRIL FC ALEVÍN
16:00: FC KUMANOVO EUROSPORT - FABRIL FC ALEVÍN

Sábado 2 de marzo
15:00: FABRIL FC ALEVÍN - KHS MALTA

Os dous primeiros de grupo disputarán as semifinais o domingo 3; mentres que o resto participará nunha fase de consolación para determinar a posición final no torneo.