RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine afronta a próxima fin de semana a terceira xornada de LaLiga Genuine 2022-2023

O Dépor Genuine viaxa esta fin de semana a Burgos, onde participará na 3ª fase de LaLiga Genuine 2022-2023.

A expedición branquiazul desprazarase por estrada á capital castelá o venres pola mañá e regresará o domingo pola tarde.

O equipo deportivista disputará tres encontros, como é habitual, que nesta ocasión terán como escenario a Ciudad Deportiva de Castañares. O sábado medirase ao Levante UD pola mañá e ao Real Zaragoza pola tarde, mentres que na matinal do domingo enfrontarase ao Alavés.

Os 16 convocados para esta xornada son Andrés Barbeito, Antonio Cagiao, Sergio Díaz, Mamadou Fall, Daniel Granell, Saúl Jiménez, Álvaro López, Alejandro Lugrís, Xosé Marquina, Samuel Martínez, Anxo Martínez, Javier Martínez, Alberto Piñeiro, Álex Rey, Miguel Rivas e José Manuel Serrano. Xunto a eles viaxarán os técnicos Lucía Otero, Carlos García Collazo, Alejandro Espiñeira e Breogán López.

O equipo branquiazul conta esta temporada co patrocinio de Vales y Asociados, Duacode e Fundación San Rafael.

O plan de viaxe e competición do Dépor Genuine é o seguinte:

Venres 12 de maio
10:30: Saída do autocar desde a DéporTienda Riazor
17:30: Chegada aproximada a Burgos e aloxamento no hotel Puerta de Burgos

Sábado 13 de maio
12:00: LEVANTE UD - DÉPOR GENUINE, na Ciudad Deportiva de Castañares (campo 1)
18:00: REAL ZARAGOZA - DÉPOR GENUINE, na Ciudad Deportiva de Castañares (campo 2)

Domingo 14 de maio
11:00: DÉPOR GENUINE - DEPORTIVO ALAVÉS, na Ciudad Deportiva de Castañares (campo 3)
13:30: Saída do autocar desde Burgos
20:30: Chegada aproximada á DéporTienda Riazor

Os resultados do Dépor Genuine na 1ª fase foron os seguintes:

DÉPOR GENUINE 3 - REAL SPORTING DE GIJÓN 1
FUNDACIÓN ALBACETE 2 - DÉPOR GENUINE 0
CD LUGO 1 - DÉPOR GENUINE 3

Estes foron os marcadores cultivados polo Dépor Genuine na 2ª fase:

REAL VALLADOLIDI 1 - DÉPOR GENUINE 0
DÉPOR GENUINE 3 - UD IBIZA 1
DÉPOR GENUINE 1 - CA OSASUNA 2

Con estes resultados, o Dépor Genuine sitúase 8º, con 12 puntos, no Grupo RESPETO dunha competición da que este ano forman parte 44 equipos.

Máis equipos, máis xornadas e máis trofeos en LaLiga Genuine 2022-2023

A quinta edición de LaLiga Genuine arrancou o pasado mes de novembro en Tarragona e Salou.

Entre as novidades desta temporada, disputarase unha xornada máis, catro en lugar das tres de campañas precedentes, e haberá un trofeo ao trofeo Fair Play en cada un dos grupos de competición.

O calendario da competición é o seguinte:

1ª fase:
Tarragona (C.E. Fútbol Salou, 11, 12 e 13 de novembro de 2022)

2ª fase:
Barcelona (C.E. Dani Jarque, 17, 18 e 19 de febreiro de 2023)
Bilbao (Lezama, 24, 25 e 26 de marzo de 2023)

3ª fase:
Vigo (C.D. A Madroa, 14, 15 e 16 de abril de 2023)
Burgos (C.D. Castañares, 12, 13 e 14 de maio de 2023)

4ª fase:
Vilarreal (C.D. Pamesa, 9, 10 e 11 de xuño 2023)