RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine despide LaLiga Genuine 2022-2023 esta fin de semana en Vilarreal

O Dépor Genuine viaxa esta fin de semana a Vilarreal, onde participará na xornada final de LaLiga Genuine 2022-2023.

O equipo branquiazul, que conta esta temporada co patrocinio de Vales y Asociados, Duacode e Fundación San Rafael, desprazouse por avión esta mesma mañá á localidade castellonenca e regresará o luns pola mañá.

O conxunto deportivista disputará tres encontros, como é habitual, que nesta ocasión terán como escenario a Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza. Mañá sábado medirase ao FC Andorra pola mañá e ao Athletic Club Fundazioa pola tarde, mentres que na matinal do domingo enfrontarase ao SD Huesca.

Á conclusión deste partido terá lugar a gran cerimonia de entrega de premios e trofeos que pechará a quinta edición de LaLiga Genuine, que arrancou o pasado mes de novembro en Tarragona e Salou (1ª fase), e continuou en Barcelona e Bilbao (2ª fase), Vigo e Burgos (3ª fase), e na que, ademáis do equipo, participarán como representantes institucionais da Fundación RC Deportivo: Miguel Juane, secretario do padrado e os padróns Carlos Cantó e Emma Lustres.

Os 16 convocados para esta xornada son Andrés Barbeito, Iván Bernárdez, Gabriel Cives, Sergio Díaz, Carmen Durán, Mamadou Fall, Alejandro Gómez, Daniel Granell, Saúl Jiménez, Álvaro López, Sasha López, Xosé Marquina, Alejandro Pereira, Alberto Piñeiro, Cristian Vázquez e Álvaro Vidal. Xunto a eles viaxarán os técnicos Lucía Otero, Carlos García Collazo, Alejandro Espiñeira e Breogán López.

O plan de viaxe e competición do Dépor Genuine é o seguinte:

Venres 9 de xuño
08:35: Saída do voo da Coruña con destino Valencia, vía Madrid
12:30: Chegada aproximada a Vilarreal e aloxamento no hotel Intur Orange (Benicàssim)

Sábado 10 de xuño
11:00: FC ANDORRA - DÉPOR GENUINE, na Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza (campo 8)
18:00: DÉPOR GENUINE - ATHLETIC CLUB FUNDAZIOA, na Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza (campo 5)

Domingo 11 de xuño
12:00: SD HUESCA - DÉPOR GENUINE, na Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza (campo 8)

Luns 12 de xuño
12:30: Saída do voo de Valencia con destino A Coruña, vía Madrid
16:20: Chegada aproximada á Coruña

Os resultados do Dépor Genuine na 1ª fase foron os seguintes:

DÉPOR GENUINE 3 - REAL SPORTING DE GIJÓN 1
FUNDACIÓN ALBACETE 2 - DÉPOR GENUINE 0
CD LUGO 1 - DÉPOR GENUINE 3

Estes foron os marcadores cultivados polo Dépor Genuine na 2ª fase:

REAL VALLADOLIDI 1 - DÉPOR GENUINE 0
DÉPOR GENUINE 3 - UD IBIZA 1
DÉPOR GENUINE 1 - CA OSASUNA 2

E estes, os partidos do Dépor Genuine na 3ª fase:

LEVANTE UD 1 - DÉPOR GENUINE 2
REAL ZARAGOZA 0 - DÉPOR GENUINE 2
DÉPOR GENUINE 1 - DEPORTIVO ALAVÉS 3

Con estes resultados, o Dépor Genuine sitúase 7º, con 19 puntos, no Grupo RESPETO dunha competición da que este ano forman parte 44 equipos.