RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine e a APEM xogan mañá un partido amigable con motivo do recente Día Mundial da Saúde Mental

O Dépor Genuine e a Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña (APEM) reúnense mañá martes 17 de outubro para conmemorar o recente Día Mundial da Saúde Mental, celebrado o pasado 10 de outubro, cun partido amigable na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, na Torre.

O encontro comezará ás 18:15 horas e disputarase coas regras habituais de fútbol genuine: catro períodos de 10 minutos cada un nos que cada equipo pode sumar como máximo un punto por parte, indistintamente dos goles marcados, e cada xogador ten que xogar polo menos unha parte e como máximo tres.

Co equipo da APEM tamén saltarán ao terreo de xogo o director asistencial Dr. Pedro J. Marcos, o director de hospitalización Dr. Alejandro Ávila e o subdirector de hospitalización Dr. Álvaro Mena.