RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine pechou LaLiga Genuine 2022-2023 onte domingo en Vilarreal

O Dépor Genuine concluíu esta fin de semana a súa participación en LaLiga Genuine 2022-2023 coa disputa da 4ª e definitiva fase, celebrada na Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza, en Vilarreal.

O equipo branquiazul, que conta esta temporada co patrocinio de Vales e Asociados, Duacode e Fundación San Rafael, logrou dúas vitorias e unha derrota.

Na matinal do sábado, o Dépor Genuine caeu ante o FC Andorra (1-2) e na xornada vespertina superou pola mínima ao Athletic Club Fundazioa. O domingo pola mañá bateu á SD Huesca (2-0).

Á conclusión deste partido tivo lugar a gran cerimonia de entrega de premios e trofeos que clausurou a quinta edición de LaLiga Genuine, que arrancou o pasado mes de novembro en Tarragona e Salou (1ª fase), e continuou en Barcelona e Bilbao (2ª fase), Vigo e Burgos (3ª fase). Como representantes institucionais da Fundación RC Deportivo acudiron Miguel Juane, secretario do padroado, e os patróns Carlos Cantó e Emma Lustres.

Os campións deportivos foron o RCD Espanyol no Grupo Deportividade, RCD Mallorca no Grupo Compañeirismo, e o CA Osasuna no Grupo Respecto. Pola súa banda, os clubs campións dos trofeos Xogo limpo foron a Fundación Celta Integra no Grupo Deportividade, o Nàstic de Tarragona no Grupo Compañeirismo, e o Athletic Club Fundazioa no Grupo Respecto.

Os 16 convocados para esta xornada foron Andrés Barbeito, Iván Bernárdez, Gabriel Cives, Sergio Díaz, Carmen Durán, Mamadou Fall, Alejandro Gómez, Daniel Granell, Saúl Jiménez, Álvaro López, Sasha López, Xosé Marquina, Alejandro Pereira, Alberto Piñeiro, Cristian Vázquez e Álvaro Vidal. Xunto a eles viaxaron os técnicos Lucía Otero, Carlos García Collazo, Alejandro Espiñeira e Breogán López.

Os resultados do Dépor Genuine na xornada final de LaLiga Genuine 2022-23 foron os seguintes:

Sábado 10 de xuño

FC ANDORRA 2 - DÉPOR GENUINE 1

2-0 (Primeira parte)
0-2 (Segunda parte) Mamadou (2)
0-0 (Terceira parte)
2-1 (Cuarta parte) Saúl

DÉPOR GENUINE 1 - ATHLETIC CLUB FUNDAZIOA 0

0-0 (Primeira parte)
0-0 (Segunda parte)
0-1 (Terceira parte) Xosé 
0-0 (Cuarta parte)

Domingo 11 de xuño

SD HUESCA 0 - DÉPOR GENUINE 2

2-1 (Primeira parte) Pereira
0-1 (Segunda parte) Xosé 
0-0 (Terceira parte)
0-2 (Cuarta parte) Sergio (2)

Os resultados do Dépor Genuine na 1ª fase foron os seguintes:

DÉPOR GENUINE 3 - REAL SPORTING DE GIJÓN 1
FUNDACIÓN ALBACETE 2 - DÉPOR GENUINE 0
CD LUGO 1 - DÉPOR GENUINE 3

Estes foron os marcadores cultivados polo Dépor Genuine na 2ª fase:

REAL VALLADOLIDI 1 - DÉPOR GENUINE 0
DÉPOR GENUINE 3 - UD EIVISSA 1
DÉPOR GENUINE 1 - CA OSASUNA 2

E estes, os partidos do Dépor Genuine na 3ª fase:

LEVANTE UD 1 - DÉPOR GENUINE 2
REAL ZARAGOZA 0 - DÉPOR GENUINE 2
DÉPOR GENUINE 1 - DEPORTIVO ALAVÉS 3

Con estes resultados, o Dépor Genuine finalizou 6º, con 26 puntos, no Grupo RESPECTO (formado por 14 conxuntos) dunha competición da que este ano tomaron parte 44 equipos.