RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor lidera o #DesafíoABANCA após a vitoria de Mollejo. Quenda mañá para Rodrigo Vázquez

Hoxe arrincou o torneo solidario de FIFA 20 organizado por ABANCA para recadar fondos que contribúan a paliar os efectos do coronavirus. O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) abriu en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que serán entregadas ao SERGAS ao finalizar o torneo. As doazóns deben facerse a través de transferencias a esta conta.

O torneo reune até o domingo ao tres principais equipos do fútbol galego que axudaremos desta forma ao fin benéfico do torneo. O Desafío ABANCA celébrase cada tarde da fin de semana entre as 19:30 e 20:30 horas. Cada encontro ten unha duración de 20 minutos e cada equipo xogará un total de catro partidos, nos que participarán artistas galegos e futbolistas do Dépor, Celta e CD Lugo.

Os representantes de cada equipo son Víctor Mollejo, Mujaid Sadick, Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez no RC Deportivo; Denis Suárez, Brais Méndez, Fran Cañotas e Duarte Galbán no RC Celta; Yanis Rahmani, Jaime Seoane, Victor Grande e Brais Doval no CD Lugo.

No partido inaugural da primeira xornada, Víctor Mollejo impúxose por 1-4 a Fran Kanhotas no campo virtual de ABANCA-Balaídos. Peru no minuto 9 abriu o camiño da vitoria. Rafinha no 37 puxo as táboas no marcador, pero Koné en dúas ocasións e Mollejo, cun golazo consigo mesmo no 90, pecharon o triunfo deportivista por 1-4.

No partido posterior o futbolista do Celta Brais Méndez impúxose ao artista do CD Lugo, Víctor Grande, por 5-0.

Mañá sábado o Dépor participa co xornalista Rodrigo Vázquez, que se enfrenta ao xogador do CD Lugo Jaime Seoane, antes de pechar o torneo con dobre cita o domingo a partir das 19:30 h.

Após a primeira xornada así está a clasificación:

O sorteo celebrado o mércores deixou así as cruces e horarios:

Mollejo-Kanhotas, 4-1

Méndez-Grande, 5-0

Vázquez-Seoane, sábado ás 19:30 h.

Suárez-Doval, sábado ás 20:00 h.

Pereiro-Galbán, domingo ás 19:30 h.

Mujaid-Yanis, domingo ás 20:00 h.

Os partidos contarán con Donato, Manel e Manu Rodríguez como ilustres comentaristas e serán narrados pola xornalista Rocío Candal. Todos os encontros poderán seguirse a través da web habilitada www.desafio.abanca.com, a TVG2 e Facebook Live.