RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor ponse en marcha rumbo ao Estadio Carlos Belmonte "con moita ilusión de seguir"

O Dépor púxose en marcha esta mañá en Abegondo rumbo ao Estadio Carlos Belmonte, escenario do encontro correspondente á 7ª xornada en LaLiga Hypermotion este venres 27 de outubro ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos) ante o Albacete Balompié.

Con Bouldini e Obrador con traballo personalizado, Imanol Idiakez dispuxo após unha activación dun xogo de posición con porterías pequenas para o grupo.

En zona mixta o pasado sábado, Helton Leite afirmou que "temos que cambiar isto, temos que traballar moito".

O gardameta brasileiro asegura estar "con moita ilusión de seguir, e todo o equipo tamén".

A continuación, os titulares o pasado sábado continuaron con tarefas de recuperación no ximnasio e na sala de fisioterapia; e o resto do grupo realizou un exercicio de centros laterais con remates a portería. "Temos que facer goles. Non nos serven as sensacións. Hai que facer goles, gañar partidos porque isto vai de gañar", reflexionou Imanol Idiakez na sala de prensa despois do partido ante o Burgos CF.

Unha serie de partidos en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

O fabrilista Quique Fernández foi o representante de ANOSACANTEIRA hoxe luns.

Mañá martes, Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva ás 11:00, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30.