RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor proclámase Campión de España xuvenil por segunda vez

O Deportivo Xuvenil dirixido por Óscar Gilsanz afrontaba a moi merecida oportunidade histórica de proclamarse por segunda vez, vinte e cinco anos despois da primeira xesta, campión de España da categoría. Diante, un FC Barcelona que buscaba, tras unha década, un novo título.

O partido xogouse en termos similares ao da semifinal contra o Real Madrid pero cun Dépor menos á espera nos instantantes iniciais. Foi un encontro tremendamente divertido para os espectadores no que se sucederon as ocasións, as chegadas e os goles.

A primeiro obra de Mario após unha gran xogada do equipo branquiazul, culminada por Noel dentro da área, servindo para que o capitán deportivista abrise o camiño da vitoria. O Barça reaccionou ben ao tanto deportivista e Ilias, aproveitando o rexeite após unha primeira boa parada de Brais Suárez, atopou o oco para pór as táboas en marcador.

Pouco durou a igualada porque, de novo, unha enorme xogada individual de Noel, resolta por el mesmo, serviu para pór o 2-1 no marcador.

A partir de aí o Barça buscou con maior intensidade a portería branquiazul pero unha gran actuación de novo de Brais Suárez e a falta de punteria en ocasións, fixo que non chegase o empate. O Deportivo tentouno durante todo o partido á contra e así, nunha delas, chegou a sentenza cun man a man de Noel resolto á perfección polo Deportivista ante Carrillo.

Aínda que houbo que seguir pelexando até o final, desde aí o Dépor tamén gozou dos minutos que transcorreron ata que, veiticinco anos despois, vos nosos puideron volver cantar o alirón, xusto no día no que se celebraban os 26 anos da Copa do Rei que se homenaxeaba na camiseta que, de inmellorable maneira, defenderon estes xuvenís que hoxe pasaron a formar parte da historia do RC Deportivo.

Dépor: Brais Suárez, Trilli, Guille, Fito (Urdiales, min. 89), Barcia, Brais Val, Víctor, Mario (Raúl, min. 78), Noel (Yeremay, min. 83), Nájera (Jairo, min. 89) e Mella (Nico, min. 89).

Barça: Carrillo, Alegre, Almeida, N´Diaye, Rico, Akhomach, Jardi (Joan, min 65), Diego López (Fabián, min. 65), Gavi, Valle (Juanola, min. 77) e Angong (Zacarias, min. 46).

Goles: 1-0 Mario (min. 22); 1-1 Ilias (min. 26); 2-1 Noel (min. 30); 3-1 Noel (min.73).

Árbitro: Martínez Montalbán (c. murciano). Amoestou a Noel (min. 14) e Gavi (min. 26).

Incidencias: Partido final da Copa de Campións de División de Honra Xuvenil disputada no Marbella Football Center con presenza de Deportivistas nas bancadas.