O Dépor regresa a Abegondo mañá mércores despois de dous días de descanso
O Deportivo retoma mañá mércores 8 de febreiro os adestramentos despois de dous días libres: onte luns 6 e hoxe martes 7.
Os resultados da última xornada no grupo 1º de Primera Federación deixaron a Os Nosos na 3ª posición da táboa con 42 puntos, os mesmos que o Real Madrid Castilla (2º); e con só o AD Alcorcón por diante, líder con 44 puntos.
Óscar Cano citou ao seu cadro mañá ás 9:00 en Abegondo para almorzar xa na instalación e saltar ao campo a partir das 10:30 horas.
O corpo técnico deportivista disporá de 4 sesións matinais na Cidade Deportiva para preparar a próxima cita ligueira, o domingo 12 de febreiro ás 12:00 (InSports.tv) no Estadio Municipal José Luis de la Hoz-Matapiñonera ante o UD San Sebastián de los Reyes.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 8 de febreiro 10:30 h., en Abegondo
Xoves 9 de febreiro 10:30 h., en Abegondo
Venres 10 de febreiro 10:30 h., en Abegondo
Sábado 11 de febreiro 10:30 h., en Abegondo
Domingo 12 de febreiro 12:00: UD San Sebastián de los Reyes - Deportivo, no Estadio Municipal José Luis de la Hoz-Matapiñonera