Pablo García Taboada (A Coruña, 23 de xaneiro de 2008) asinou a súa renovación polo RC Deportivo até xuño de 2027.
Desta forma, o Club asegúrase a continuidade dun dos futbolistas con máis proxección en #ANOSACANTEIRA.
Sendo xogador aínda en categoría cadete, este lateral dereito que chegou a Abegondo na temporada 2016-17 ás filas do Benxamín B, foi convocado a campaña pasada polo primeiro equipo para disputar o play off de campións de Primera RFEF ante o CD Castellón.
Este verán, Pablo García realizou a pretemporada co primeiro equipo e participou nun total de 5 partidos amigables. Ademais, foi citado en 3 ocasións en LaLiga Hypermotion aínda que non chegou a saltar ao terreo de xogo.
Co Fabril xogou 6 encontros en Segunda Federación, 3 deles como titular.
Nestes momentos, recupérase dunha escordadura acromioclavicular que se produciu no encontro do filial ante o CD Guijuelo.
Pablo García é internacional en categoría sub-15 e sub-17.