RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, traballando moi ben durante a semana, ultima os detalles tácticos para Teruel

Nunha semana curta de traballo e con viaxe longa polo medio mañá venres, Imanol Idiakez aproveitou esta mañá para seguir repasando aspectos tácticos de cara ao choque deste sábado 13 de abril ás 20:00 horas (FEF TV) no campo Pinilla ante o CD Teruel.

En rolda de prensa, Ximo Navarro admite que "estamos nun bo momento. Vai quedando menos, o partido está xa ao virar a esquina. A semana pasou moi rápida e traballando moi ben durante a semana, como as anteriores, para ir a Teruel a polos 3 puntos".

Nunha mañá que arrincou cunha activación con xogos e rondos, Lucas adestrouse co readaptador, Fernando Rodríguez.

O defensor branquiazul descoñece se o dianteiro coruñés chegará a tempo ao partido: "Vai facendo algunha parte co grupo. Noutras sáese a traballo personalizado. Estamos a esperalo con moitas ganas".

Ximo Navarro afirma que "se vai sentindo mellor. Aínda queda o adestramento de mañá. Se chega nós encantados, e se non xogarán outros compañeiros e o equipo está a responder".

Pola súa banda, Rubén foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres 12 de abril, o equipo adianta a súa hora de traballo. Así, os futbolistas saltarán ao céspede de Abegondo ás 10:00 en lugar da as 11:00 para, nada máis concluír, partir de viaxe a Teruel, vía Madrid.