Para o partido ligueiro en ABANCA-RIAZOR do Dépor ABANCA deste sábado 14 de decembro ás 16:30 ante o Real Madrid CF, o RC Deportivo consignará "O Día DÉ..." como Axuda á Discapacidade.
Por medio desta proposta, destinaranse 24 prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes de Down Coruña, ASPRONAGA, Fundación ADCOR, ASPANAES, ASPABER, ASPADISOL, Fundación ABRENTE, AFACO, APEM, ASPACE Coruña, ASPESOR, ASEM Galicia, ANPANXOGA e Ocio Inclusivo Oleiros.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.