RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Inaugurado o 'RC Deportivo Business Club', un club de empresas do RC Deportivo que marca "un fito para as relacións empresariais na rexión"

O Club de empresas do RC Deportivo 'RC Deportivo Business Club' celebrou a súa inauguración oficial, "marcando un fito para as relacións empresariais na rexión".

O evento reuniu a líderes e representantes do tecido empresarial do Club no Estadio ABANCA-RIAZOR, espazo que reflectiu a visión innovadora e colaborativa do club.

O club nace co obxectivo de converterse nun punto de encontro estratéxico para empresas e profesionais. A través de actividades exclusivas como networking, mesas redondas e eventos tematizados busca fortalecer as relacións comerciais e fomentar novas oportunidades de negocio.

Paulo Dinis, Director de Negocio do Club, e Jan Wappler, Director Corparativo, resaltaron a importancia da creación desta rede empresarial para "fomentar sinerxías, fortalecer relacións e crear oportunidades entre todas as empresas que forman parte desta comunidade. Este club non é só un lugar para compartir ideas, senón tamén un motor de innovación, un espazo para abrir portas e, sobre todo, unha plataforma para xerar impacto nas nosas empresas e na nosa contorna".

O acto contou coa participación de empresas como ABANCA, Grupo Breogán, Feiraco, Bico de Xeado, Gestán Conteco, bualá, Saltoki, Proel Ascensores, Grupo Barreiro, Duacode, Debullar, Ontime, Northius, Merlín Software e Inveravante, así como integrantes do RC Deportivo.

Os representantes das citadas empresas puideron compartir as súas perspectivas sobre a importancia da colaboración intersectorial. Tamén levaron a cabo actividades de presentación e networking, deseñadas para que os asistentes coñecesen o potencial de sinerxías dentro do Club; e presentouse a APP exclusiva do 'RC Deportivo Business Club' que se deseñou en colaboración coa empresa Bundeling para facilitar a comunicación e a colaboración entre todos os membros.