O Fabril de Valerón estrearase en liga o 18 de outubro
O 18 de outubro arrancará en liga o novo Fabril de Juan Carlos Valerón, segundo acaba de aprobar hoxe a Comisión de Presidentes das Federación Autonómicas, ratificado posteriormente pola Comisión Xestora da Real Federación Española.
A competición estará baixo o protocolo Fisicovid-Dxtgalego realizado por Xunta e aplicado pola Federación Galega de Fútbol.
Precisamente o ente autonómico fixo pública hai uns días unha proposta para a categoría, que quedaría dividida en 2 grupos de 12 equipos de acordo ao criterio de proximidade xeográfica.
Desta forma, o Fabril, encadrado no grupo norte (provincias da Coruña e Lugo), tería estes 11 rivais: Silva SD, UD Paiosaco, Bergantiños FC, SD Fisterra, Vista Alegre Estudantil, CSD Arzúa, CD As Pontes, UD Somozas, Viveiro CF, Racing Villalbés e Polvorín FC.
A Federación Galega informa que haberá 3 ascensos a Segunda División B e 8 equipos baixarán a Preferente Autonómica. Nos próximos días explicarase o sistema de competición.