O Fabril sumou un novo triunfo á conta do Alondras CF, ao que dominou (4-1) de principio a fin en Abegondo. Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro foron os goleadores branquiazuis nun choque no que os fabrilistas encarrilaron moi pronto, no minuto 6 de xogo, aínda que non sentenciaron até a segunda parte.
Con este resultado, o Fabril suma 8 puntos e empolícase aos postos altos da clasificación no grupo 1º da Terceira División.
Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Mujaid, Gandoy, Novo, Aarón Sánchez, Mario Losada, Villares e Pedro. Tamén xogaron: Jawed Boumeddane, Kanoute e Mosquera.
A próxima fin de semana, o Fabril rende visita a un dos aspirantes ao título, a SD Compostela, en día e hora por fixar.
Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:
CD Choco 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0 CD Arenteiro 0 - Fabril 0 Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1