RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín alcanza as 'semis' do Mini Teresa Herrera e os 41 goles nesta competición

O Fabril FC Benxamín salvou con sobresaliente (14-0) o escollo do CFD Orzán nos cuartos de final do Mini Teresa Herrera. Até a data, nos 3 partidos xogados nesta competición, o seu balance goleador é moi positivo: 41 goles a favor e 0 en contra.

Leo Lorenzo -5-, Mateo Songo'o -3-, Diego Castelo -2-, Mateo Cardelle -2- e Alberto Novo -2- foron os goleadores fabrilistas no encontro ante os orzanistas.

Fabril FC Benxamín: Antar Teijeiro, Andrés Valencia, Yago Prieto, Álex Casado, Mateo Cardelle, Mateo Songo'o, Alberto Novo e Leo Lorenzo. Tamén xogaron: Samuel Rodríguez, Breogán Díaz e Diego Castelo.

Este mércores 28 de xuño, o equipo de Alberto Bonigno disputará as semifinais, tamén a partido único. O vencedor accederá á final, que se xoga en ABANCA-RIAZOR antes do Trofeo Teresa Herrera.

Os resultados do Fabril FC Benxamín no Trofeo Mini Teresa Herrera até a data son os seguintes:

Eliminatoria Previa
Fabril FC Benxamín 12 (Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo -2-, Yago Prieto -2-, Breogán Díaz, Mateo Songo'o e Diego Castelo) - Relámpago SD 0

Oitavos de final
Fabril FC Benxamín 15 (Mateo Cardelle -3-, Alberto Novo -2-, Breogán Díaz -2-, Leo Lorenzo -2-, Diego Castelo -2-, Andrés Valencia, Álex Casado, Yago Prieto e Mateo Songo'o) - Silva SD 0

Cuartos de final
Fabril FC Benxamín 14 (Leo Lorenzo -5-, Mateo Songo'o -3-, Diego Castelo -2-, Mateo Cardelle -2- e Alberto Novo -2-) - CFD Orzán 0