O Fabril FC Benxamín perde ante o Victoria CF pero segue con opcións de acabar terceiro a Fase polo Título da Primera A Coruña
O Fabril FC Benxamín caeu (3-2) ante o Victoria CF en partido correspondente á 9ª xornada (penúltima) na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.
Pablo Couso foi o autor dos dous goles fabrilistas.
Con este resultado, o equipo de Alberto Bonigno queda con 11 puntos na 4ª praza, a 1 punto do Atlético Coruña Montañeros CF, 3º.
Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, David Santiago, Martín Martelo, Leo Barro, Pablo Couso, Nico Castro, César Leira e Leo Galván. Tamén xogaron: Asier Ordax, Martín Coronel e Joel Losada.
O Fabril FC Benxamín conclúe esta Fase polo Título a próxima fin de semana ante o UD Carral. Necesita gañar e que o Atlético Coruña Montañeros CF non o faga ou ben empatar e que o 'Monta' perda o seu partido ante o Dépor para ocupar a 3ª praza final e acceder á Fase Intermedia do Campionato Galego.
Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta fase son os seguintes:
Fabril FC Benxamín 1 (César Leira) - ED Luis Calvo Sanz 0 Deportivo 4 - Fabril FC Benxamín 1 (Leo Galván) Fabril FC Benxamín 5 (Gael Fernández -3-, Nico Castro e Joel Losada) - Atlético Coruña Montañeros CF 1 Fabril FC Benxamín 0 - Victoria CF 2 UD Carral 0 - Fabril FC Benxamín 4 (Martín Martelo -2-, César Leira e Gael Fernández) ED Luis Calvo Sanz 1 - Fabril FC Benxamín 1 (Martín Martelo) Deportivo 1 - Fabril FC Benxamín 1 (Pablo Couso) Atlético Coruña Montañeros CF 5 - Fabril FC Benxamín 3 (Nico Castro, Pablo Couso e Leo Galván) Victoria CF 3 - Fabril FC Benxamín 2 (Pablo Couso -2-)