O Fabril FC Benxamín proclamouse subcampión da presente edición do Mini Teresa Herrera ao caer na gran final disputada en ABANCA-RIAZOR ante o Victoria CF (1-3).
Joel Losada foi o autor do único tanto do conxunto fabrilista, que completou un gran torneo.
Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, Asier Órdax, Leo Barro, Martín Martelo, David Santiago, Nico Castro, César Leira e Martín Coronel. Tamén xogaron: Samuel Cebey, Brais Iglesias, Leo Galván, Joel Losada e Pablo Couso
O equipo que dirixe Alberto Bonigno continúa agora as súas vacacións de verán á espera de arrincar a pretemporada.
Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta edición do Mini Teresa Herrera son os seguintes:
Eliminatoria previa Fabril FC Benxamín 15 (Leo Galván -4-, Joel Losada -2-, Martín Coronel -2-, César Leira, David Santiago, Gael Fernández, Martín Martelo, Asier Ordax e Leo Barro) - Deportivo Ciudad 0
Cuartos de final Fabril FC Benxamín 8 (Martín Coronel -4-, Leo Galván -3- e Joel Losada) - Orillamar SD 0
Semifinais Fabril FC Benxamín 2 (Gael Fernández e Pablo Couso) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Final Fabril FC Benxamín 1 (Joel Losada) - Victoria CF 3