RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL FC

O Fabril FC Benxamín derrota ao Atlético Coruña Montañeros CF e cóase na final do Mini Teresa Herrera

O Fabril FC Benxamín derrotou (2-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF e coouse na final do Trofeo Mini Teresa Herrera, choque que se xogará en agosto en ABANCA-RIAZOR aproveitando a edición masculina e feminina do Trofeo Teresa Herrera.

Pablo Couso e Gael Fernández foron os goleadores fabrilistas.

Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, Martín Coronel, Asier Órdax, Leo Barro, David Santiago, César Leira, Martín Coronel e Leo Galván. Tamén xogaron: Pablo Couso, Nico Castro e Joel Losada.

O rival do Fabril FC Benxamín na gran final será o Victoria CF.

Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta edición do Mini Teresa Herrera son os seguintes:

Eliminatoria previa
Fabril FC Benxamín 15 (Leo Galván -4-, Joel Losada -2-, Martín Coronel -2-, César Leira, David Santiago, Gael Fernández, Martín Martelo, Asier Ordax e Leo Barro) - Deportivo Ciudad 0

Cuartos de final
Fabril FC Benxamín 8 (Martín Coronel -4-, Leo Galván -3- e Joel Losada) - Orillamar SD 0

Semifinais
Fabril FC Benxamín 2 (Gael Fernández e Pablo Couso) - Atlético Coruña Montañeros CF 0