RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL FC

O Fabril FC Benxamín vence pola mínima ao UD Carral e acaba 3º de maneira provisional a Fase polo Título de Primera A Coruña

O Fabril FC Benxamín venceu pola mínima (3-2) ao UD Carral en choque correspondente á última xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Leo Galván, César Leira e Leo Barro foron os autores dos goles fabrilistas.

Fabril FC Benxamín: Samuel Cebey, David Santiago, Leo Barro, Martín Martelo, César Leira, Gael Fernández, Pablo Couso e Nico Castro. Tamén xogaron: Leo Galván, Martín Coronel, Joel Losada e Asier Órdax.

Con este resultado, o conxunto de Alberto Bonigno acaba esta fase con 14 puntos, despois de 4 partidos gañados, 2 empatados e 2 perdidos; e cun balance de 22 goles a favor e 19 en contra.

É agora mesmo 3º, co que accedería á Fase Intermedio do Campionato Galego. Con todo, ao Atlético Coruña Montañeros CF, 4º, fáltalle un partido, o que disputará este sábado ante o Benxamín A blanquiazul. Só se o 'Monta' derrota aos deportivistas ocuparía esa 3ª praza en prexuízo do Fabril FC Benxamín.

Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta fase foron os seguintes:

Fabril FC Benxamín 1 (César Leira) - ED Luis Calvo Sanz 0
Deportivo 4 - Fabril FC Benxamín 1 (Leo Galván)
Fabril FC Benxamín 5 (Gael Fernández -3-, Nico Castro e Joel Losada) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
Fabril FC Benxamín 0 - Victoria CF 2
UD Carral 0 - Fabril FC Benxamín 4 (Martín Martelo -2-, César Leira e Gael Fernández)
ED Luis Calvo Sanz 1 - Fabril FC Benxamín 1 (Martín Martelo)
Deportivo 1 - Fabril FC Benxamín 1 (Pablo Couso)
Atlético Coruña Montañeros CF 5 - Fabril FC Benxamín 3 (Nico Castro, Pablo Couso e Leo Galván)
Victoria CF 3 - Fabril FC Benxamín 2 (Pablo Couso -2-)
Fabril FC Benxamín 3 (Leo Galván, César Leira e Leo Barro) - UD Carral 2