RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O máis importante é gañar o noso partido, non estar pendentes do que pase nos outros", advirte Keko

Keko pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo minutos antes de arrancar a sesión de traballo diaria do Deportivo.

O atacante madrileño confesa que ten "bastante fe" no desenlace final no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B "porque se non, non me levantaría da cama. Esa fe é a que che fai moverte".

Iso si, recoñece que "estamos fodidos porque non dependemos de nós e cando uno non depende de si mesmo está nunha situación de vulnerabilidade. Teño esa fe e o máis importante é gañar o noso partido, non estar pendentes do que pase nos outros. Se gañamos contra o Zamora CF, todo pode pasar. Se non gañamos contra o Zamora CF, non hai negocio".

Asegura que os futbolistas "estamos tranquilos, concienciados e concentrados no partido da semana que vén contra o Zamora CF que para nós é agora mesmo o partido máis importante que temos".

Insiste en que o grupo está "con ganas e confianza. Estamos todos pendentes simplemente do partido do domingo. Ese partido pódeche levar a un sitio ou a outro, pero iso non depende de nós".

A nivel individual, Keko vese "ben, tranquilo respecto de que fisicamente non teño ningún problema. Centrado no día a día. Por sorte estes dous últimos partidos nos ha ir ben a cousa non só a nivel individual senón tamén a nivel de grupo; e iso dáche tranquilidade para afrontar o día a día e o seguinte partido.

Aínda que é consciente que a contorna, medios de comunicación e #ANOSAFORZA, "terá que facer as súas contas pero nós no vestiario levámolo con pés de chumbo, con moitísima tranquilidade. Aquí non se pode dar nada por feito. Lévase vendo toda a liga que cando dás algo por feito, fracaso. Dentro do grupo ou do vestiario o único que pensamos é no partido do Zamora CF. O demais, oxalá nos acompañe a sorte, sabendo que as posibilidades son menores que se só dependésemos do partido do Zamora".

Finalmente, destaca que "a min e a todos os meus compañeiros encantaríanos ABANCA-RIAZOR cheo. Este ano polos campos que visitas, que non hai tanta capacidade, os estadios non son tan grandes, a nós poderíanos dar bastante máis do que nos puidese quitar. Para nós é moi importante que #ANOSAFORZA estea na bancada", conclúe.