RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O mellor agasallo de Reyes pode ser un ascenso, o que toda #ANOSAFORZA quere", opina Héctor Hernández

Héctor Hernández, un dos futbolistas máis experimentados do Dépor e máis queridos pola bancada, protagonizou a última rolda de prensa do ano 2021 en Abegondo.

O lateral deportivista confesou que lle pide a 2022 "o que todo o mundo quere. O mellor agasallo de Reyes pode ser un ascenso, o que toda #ANOSAFORZA quere e oxalá podamos conseguilo". De feito, desexa "alargar esa dinámica tan boa que cultivamos durante esta primeira volta. Queda aínda algún partido, pero as cousas fixéronse moi ben e ¿por que non seguir con esta dinámica? Imos traballar para iso, imos facer un día a día no que podamos facer que isto se consiga. Espero que ao final de temporada podamos celebrar o que todo o mundo quere".

Co mercado de inverno a piques de abrirse, advirte que "non é unha cousa miña, non son eu quen ten que decidir. O que si podo dicir é que os xogadores que hoxe en día formamos este cadro do Deportivo para min é o mellor cadro desta categoría. É unha cousa que queda demostrada. Imos líderes do noso grupo, líderes nos dous grupos de Segunda B con máxima puntuación. Entón a miña opinión persoal é que é o mellor cadro que podemos ter". Iso si, tamén apunta que "se pode chegar algo que poida sumar, benvido sexa, pero iso non é cousa miña".

Preguntado pola pandemia que afecta á sociedade e por suposto que ao fútbol, Héctor cre que "estamos outra vez dando un paso para atrás. Reduciuse o aforamento (de ABANCA-RIAZOR) a un 75%. Nós estámolo levando da maneira que podemos, extremando todas as precaucións posibles. O Doutor (Carlos Lariño), o corpo técnico comentáronnos que tomemos unha serie de precaucións, que esteamos ao tanto, que vixiemos, que tentemos estar nun grupo reducido, se pode ser só coa nosa familia. É importante para todos que manteñamos a saúde. Entón na medida do posible levaremos a cabo estas medidas".

Asegura que "nós imos poñer todo da nosa parte para que o grupo de infectados sexa o menos posible. O corpo médico deu unha serie de instrucións, están a levarse a cabo no día a día unha serie de cousas para reducir este contaxio. Poñendo todos da nosa parte imos tentar que sexa o menos posible o número de contaxiados".

Finalmente, lamentouse da redución de aforamento de ABANCA-RIAZOR nos próximos partidos: "É unha putada. Para nós #ANOSAFORZA é un factor moi importante, xa sexa xogando como local ou xogando como visitante. É un hándicap negativo. As restricións non é unha cousa nosa, non é unha cousa que dependa de nós, é para a saúde da poboación. Oxalá se vaia canto antes esta pandemia mundial e podamos gozar dun día a día na rúa, nos estadios, en todos os lados".

Desde a sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo, por onde cada semana atenden aos medios de comunicación xogadores e técnicos, Héctor Hernández botou o peche a este 2021 felicitando o ano a todos: "que pasedes unha boa saída e unha boa entrada de ano".