O Orzán SD Xuvenil Femenino sobrepúxose na recta final do partido ao tanto inicial do CF Noia
O Orzán SD Xuvenil Femenino sobrepúxose ao tanto inicial do CF Noia (1-3) en partido correspondente á 11ª xornada en Primeira Autonómica.
As noiesas adiantáronse aos 2 minutos pero os goles de Noa Gómez, Mica Baratelli e Dunia Dahmouni, todos eles a partir do minuto 65, valeron os 3 puntos para as orzanistas.
Con este resultado, o equipo de Abel Sánchez é líder da categoría con 25 puntos, os mesmos que o Bergantiños CF.
Orzán SD Xuvenil Femenino: Uxía Rabuñal, Daniela Basalo, Nadia Longueira, Daniela Agilda, Mica Baratelli, Iria Otero, Dunia Dahmouni, Ivana Fernández, Candela Fernández, Noelia Furelos e Noe Gómez. Tamén xogaron: Sofía Rodríguez, Yaiza García, Yanis Citoula, Alexia Freire e Paula Sánchez.
O vindeiro domingo 3 de decembro ás 18:00, o Orzán SD Xuvenil Femenino recibe na Torre ao Tomiño FC Femenino.
Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Femenino son os seguintes:
Orzán SD Xuvenil Femenino 2 (Ivana Fernández e Dunia Dahmouni) - Umia CF B 1 Escuela FB Amistade 0 - Orzán SD Xuvenil Femenino 1 (Noe Gómez) Victoria FC B 0 - Orzán SD Xuvenil Femenino 3 (Nadia Longueira, Dunia Dahmouni e Ivana Fernández) Orzán SD Xuvenil Femenino 5 (Dunia Dahmouni -2- e Noe Gómez -3-) - Lóstrego CF B 1 SD O Val 3 - Orzán SD Xuvenil Femenino 2 (Ivana Fernández e Noelia Gómez) Orzán SD Xuvenil Femenino 3 (Noe Gómez, Iria Otero e Candela Fernández) - SD Tordoia 1 Sporting Cambre 1 - Orzán SD Xuvenil Femenino 2 (Dunia Dahmouni -2-) Orzán SD Xuvenil Femenino 6 (Dunia Dahmouni -2-, Noa Fariña -2-, Ivana Fernández e Noe Gómez) - Sárdoma CF B 1 Domaio FC 3 - Orzán SD Xuvenil Femenino 3 (Ivana Fernández e Dunia Dahmouni -2-) Orzán SD Xuvenil Femenino 1 (Dunia Dahmouni) - Victoria CF B 2 CF Noia 1 - Orzán SD Xuvenil Femenino 3 (Noa Gómez, Mica Baratelli e Dunia Dahmouni)