RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo recibirá a próxima semana información detallada do Concello sobre a reforma de ABANCA-RIAZOR

O Real Club Deportivo reuniuse este sábado con representantes do Concello no Salón Azul do Palacio Municipal para discutir os detalles sobre o proxecto de reforma do Estadio ABANCA-RIAZOR, seleccionado como candidato para ser unha das sedes do Mundial 2030. Os representantes municipais emprazaron de novo ao RC Deportivo a principios de setembro para aclarar as dúbidas sobre o proxecto de ABANCA-RIAZOR de cara ao Mundial 2030.

O RC Deportivo estivo representado por Jan Wappler, Director Corporativo; Santiago Liste, Director Legal; Iván Sánchez, Director de Operacións e Seguridade; e Manu Sainz, Director de Comunicación. De parte do Concello asistiron os concelleiros José Manuel Lage Tuñas, Gonzalo Castro e Manuel Vázquez.

A reunión, que foi inicialmente solicitada polo club o 22 de xullo, centrouse en abordar a falta de información recibida polo RC Deportivo até a data con respecto ao proxecto. Durante o encontro, os representantes do Club expuxeron cuestións críticas relacionadas con:

1. A existencia dun plan de viabilidade concreto para o proxecto de reforma do estadio e as
fases de execución.

2. O impacto que devandito plan tería no Club.

3. O método de financiamento que se vai a empregar para levar a cabo as reformas.

Aínda que as informacións solicitadas non foron ofrecidas na reunión, o Concello comprometeuse a entregalas durante a próxima semana e a garantir un modelo sustentable que non afecte a actividade deportiva do Club.

Pola súa banda o RC Deportivo afirmou que fixará a súa posición definitiva sobre o proxecto cando coñeza os detalles do mesmo.

Na reunión que discorreu nun ton de máxima cordialidade, ambas as partes acordaron manter unha comunicación aberta e continua para asegurar que os intereses tanto do Club como da cidade sexan adecuadamente protexidos e promovidos.