RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo súmase ao Día Mundial do Alzheimer hoxe sábado 21 de setembro

O RC Deportivo súmase ao Día Mundial do Alzheimer hoxe sábado 21 de setembro.

Así, os futbolistas e técnicos branquiazuis adestráronse en Abegondo cun brazalete verde como un acto de sensibilización en favor das persoas con alzheimer, o sector sociosanitario e os familiares ou coidadores.

Na rolda de prensa oficial previa ao encontro contra o Burgos CF, Imanol Idiakez explicou que o brazalete que portaba no seu brazo esquerdo "é por solidariedade. É unha enfermidade dura".

Desexou o técnico deportivista que "os gobernos invistan en investigación; e póidase axudar á xente que o sofre e as familias. É moi duro e desde aquí pór o noso granito de area".

A Asociación de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), que acaba de abrir un centro terapéutico na rúa Vales Villamarín, organizou estes días varias charlas na Fundación Barrié; así como instalou varias mesas informativas en varios puntos da Coruña.

AFACO, ademais do citado da rúa Vales Villamarín, conta con outros 3 centros nos que atende a uns 200 usuarios con demencia en diferentes fases, sitos no Barrio das Flores, Salvador de Madariaga e San Diego.

Máis información en AFACO.