RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Club Deportivo cumpre hoxe 114 anos

O Real Club Deportivo celebra hoxe os 114 anos do primeiro partido que disputou na súa historia: o 8 de decembro de 1906 no Corralón da Gaiteira fronte ao Coruña. 114 anos que, desde o Club, rememóranse cunha composición que retrata a futbolistas que, por diferentes razóns, escribiron a nosa historia desde entón e até hoxe, todos enmarcardos entre Virgilio Rodríguez Rincón e o actual capitán Álex Bergantiños. Até chegar ao xogador da Sagrada Familia, atopamos na obra a todos estes históricos do Dépor:

Virgilio Rodríguez Rincón, o autor do primeiro gol do equipo en 1906, presidente en dúas épocas e falecido como abonado número 1 despois de 72 anos como socio.

Federico Fernández Amor-Calvet, o fundador do Club.

Os sete xogadores con máis partidos oficiais e que superaron os 350 encontros de branquiazul: Fran (700), Manuel Pablo (477), Mauro Silva (459), Valerón (422), Donato (393), Sergio (383) e Juan Acuña (363), o porteiro con máis partidos oficiais e gañador de 4 Trofeos Zamora

Ademais, tamén figuran os cinco xogadores con máis goles en partidos oficiais e que superaron os 100 tantos: Tristán (110: máximo goleador en Europa -16- e en Champions -15-), Traba (108), Veloso (106: máximo goleador en Segunda -77-), Chacho (105: que aparece na formación dos anos 30) e Bebeto (102: tamén máximo goleador en Primeira -86-). A eles acompáñaos José Luis Vara, único centrocampista que logrou un Pichichi no fútbol español e Makaay, único Deportivista que logrou unha Bota de Ouro vestindo As Nosas Cores.

A composición tamén recolle algúns goles icónicos destes 114 anos, xunto ao de Donato que abriu o camiño de LaLiga do 2000:

- Beci ao Rayo en 1971 (o último ascenso en 20 anos)

- Vicente ao Racing en 1988 (a salvación do descenso a Segunda B no último minuto)

- Alfredo á Valencia na final de Copa 1995 (o primeiro título oficial)

- Sergio en Old Trafford en 2001 (como símbolo das vitorias en grandes estadios europeos e do seu gol na final de Copa de 2002)

Tamén atopamos algunhas formacións históricas:

- De pé: Fariña, Rodrigo, Chacho e compañía, o equipo que eliminou da Copa ao Real Madrid en 1932

- Agachados: a Orquestra Canaro, a dianteira que marcou época nos anos 50: Corcuera, Oswaldo, Franco, Moll e Tino

E lugares destacados como os nosos dous estadios:

- Edificio de vestiarios do Parque de Riazor, a nosa primeira casa (1909-1944)

- O Pórtico de Olimpia e a Torre de Marathón, como símbolos do Estadio de Riazor nas súas distintas épocas desde 1944

As Nosas, o Deportivo ABANCA, o noso equipo feminino, ou o ciclista Delio Rodríguez, en representación do case medio século que o Deportivo foi un club polideportivo, completan o cadro de personalidades que aparecen.

Ademais dos Trofeos de Copa do Rei e de LaLiga, aparece reflectido o Trofeo Teresa Herrera do 50 aniversario (1995), co que tamén damos cabida ao símbolo da cidade, a Torre de Hércules, e ao propio trofeo amigable que se organiza ininterrompidamente na Coruña e Riazor desde hai 75 anos.