O San Tirso SD Cadete gaña ao UD Ourense e colle aire na clasificación
O San Tirso SD Cadete venceu (2-1) no Monte ao UD Ourense en partido correspondente á 12ª xornada na División de Honra.
Os goles de Nico e Héctor xa avanzada a segunda metade valeron 3 puntos importantes ante un rival directo na zona perigosa da clasificación.
Con este resultado, o equipo de Kata Sicardi é 14º na táboa con 10 puntos.
San Tirso SD Cadete: Carlos, Joaquín, Sergio Míguez, Ander, Mauro, Nico, Gael, Guille, Roi, Borja e Xoel. Tamén xogaron: Pablo Crespo, Adrián, Casuso e Héctor.
O vindeiro venres 8 de decembro, xornada festiva, o San Tirso SD Cadete visita ao CD Conxo Santiago, ás 13:00 no campo da Merced (Santiago de Compostela).
Os resultados até a data do San Tirso SD Cadete son os seguintes:
San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2 Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael) San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1 Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta) Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3 Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0 San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1 Coruxo FC 1- San Tirso SD Cadete 3 (Guille, Samba e Héctor) San Tirso SD Cadete 2 (Héctor e Gael) - Ural Español CF 4 Salgueiriños CF 3 - San Tirso SD Cadete 2 (Gael e Guille) San Tirso SD Cadete 2 (Nico e Héctor) - UD Ourense 1