RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O traballo a balón parado, protagonista esta mañá en Abegondo

A pouco máis de 48 horas de recibir ao Zamora CF en ABANCA-RIAZOR, este domingo 28 de marzo ás 12:00 (TVG) no último partido do subgrupo A do grupo 1º de Primeira División, o Deportivo rebaixou a carga física do adestramento de hoxe despois dunha semana longa de traballo.

Así, após un breve quecemento con rondos, Rubén de la Barrera incidiu no ensaio de accións a balón parado no campo 2 da Cidade Deportiva: saques de banda, saques de esquina...

Hoxe con adestramento específico estiveron Derik, Héctor, Gandoy e Miku, todos eles no ximnasio da Cidade Deportiva. Só o lateral zurdo saltou ao céspede acompañado do readaptador, Fran Molano.

Precisamente, Rubén de la Barrera aclarou en rolda de prensa que "tentamos axustar, e moito, as cargas de traballo. O de Miku ten que ver con prevención e Celso Borges aínda non dispón da alta médica. Veremos a ver o que sucede".

Mañá sábado, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 10:30 horas no último ensaio previo ao partido ante o conxunto castelán-leonés.