RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O vestiario branquiazul pide "insistir, traballar e seguir cara a adiante"

Mario Soriano e Mohamed Bouldini pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O centrocampista madrileño admite que "nos falta o máis importante que é metelas pero tivemos moitísimas ocasións. Só queda insistir, traballar e seguir cara a adiante".

Cre que o punto ante o CD Eldense "sábenos a pouco. Mereciamos eses 3 puntos. Metéronnos nos primeiros minutos e o equipo foise cara a adiante. Tivemos moitas ocasións para levarnos a vitoria pero cando non podes gañar, o importante é sumar", conclúe.

Mario Soriano asegura que non está preocupado porque "nestes partidos que levamos en moitos merecemos a vitoria. O equipo xerou, tivo ocasións e pequenos detalles marcaron os partidos como o de hoxe".

Pola súa banda, Mohamed Bouldini lembra que "creamos moitas ocasións de gol. O balón non quere entrar pero seguimos traballando, hai que insistir e van chegar moitos goles, puntos. Temos que ter tranquilidade e traballar".

O dianteiro deportivista, autor do gol do seu equipo, opina que "a sorte non existe. Necesitamos traballar máis, insistir... e van chegar goles".

A nivel persoal, confesou estar "feliz" por marcar: "os dianteiros vivimos dos goles. Estou a traballar para meter máis goles e creo que van chegar moitos".