O Xuvenil A cae en Abegondo ante a SD Compostela após un partido tolo
O Xuvenil A caeu en Abegondo (3-4) ante a SD Compostela nun partido tolo que os santiagueses levaron cun gol no minuto 90.
O inicio de partido tamén foi para o Compos, que se puxo rapidamente con 0-2 no marcador aínda que Domínguez, Mardones e Carreira lograron darlle a volta cos seus goles ao comezo da segunda metade.
No entanto, o Compos deu a sorpresa con dúas tantos finais no último cuarto de hora que valeron os 3 puntos.
Xuvenil A: Román, Pablo, Hugo Torres, Vilela, Amin, Carreira, Mardones, Noé, Domínguez, Hugo Villaverde e Álex Delgado. Tamén xogaron: Dani Estévez, Ayman, Carletto, Guerrero e Manu Ferreiro.
Co resultado deste partido correspondente á 2ª xornada na División de Honra, o conxunto de Manuel Pablo queda na zona media da clasificación con 3 puntos.
A próxima fin de semana toca #ONOSODERBI en Vigo ante o RC Celta.
Os resultados até a data do Xuvenil A son os seguintes:
Veriña CF 1 - Xuvenil A 2 (Carreira e Hugo Villaverde) Xuvenil A 3 (Domínguez, Mardones e Carreira) - SD Compostela 4